24 agosto 2009


O k4 junior do NAUTICO O MUIÑO ó mellor de España.
A categoría Junior no 2009 parece que é dominio Ribadumiense xa que disputados o Campionato Galego o K4 Junior venceu nas dúas distancias con Paulino Otero, Gabriel Campo, Andoni Larrauri e Alfonso Oreiro mentras que 1 semana máis tarde no Campeonato de España o K4 volveríase a impoñer nas 2 distancias pero nesta ocasion con José Quintillán no lugar de Alfonso. sen dubida unha tripulación que marca distancias nesta temporada, a ela hai que engadir o Subcampeonato no Trofeo Principe de Asturias de K4, a victoria na Copa Presidente Xunta de Galicia , entre outros moitos titulos a nivel k2 e individual destos 5 juniors.

13 agosto 2009


CAMPEONATO DO MUNDO ABSOLUTO (CANADÁ), tamén no Mundial Absoluto o Nautico O MUIÑO volverá a escribir unha paxina gloriosa xa solo pola presencia de 2 deportistas do club, Carlos Perez Perucho e David Maquieira, especialmente nos alegramos por David que sendo senior de 1º ano logrou unha meta non imaxinada por moitos, a participación nun Mundial Absoluto e en distancia Olimpica como o fará DAVID.
Esperemos que a sorte lles acompañe os 2 compañeiros e poidan regresar con algunha medalla ainda que por só estar ali todos nos sentimos identificados e orgullosos.
SORTE E A POR TODAS

BRONCE, foi o balance nos nosos compañeiros no Mundial Junior celebrado en Moscú. sen dúbida un novo éxito para esta entidade e especialmente para Paulino e Gabriel que debutarón nun mundial con unha medalla. Eles xunto o Paco Cubelos foron os unicos metais da expedición española. NORABOA.